08 junio 2010

Blogue? Webquest? Que son?


Neste pequeno artigo imos tentar definir o que son os weblogs e as webquest e establecer as diferenzas que podemos atopar entre eles. Imos aló!

Blogs ou weblog, tamén chamados bitácoras, son publicacións online con historias publicadas cunha certa periodicidade, xeralmente alta, que presentan en orde cronolóxico inverso (de máis recente a máis antiga) os artigos publicados. Acostuman ser temáticos (educación, cine, literatura...)e conseguen a través de unhas listas de enlace con outros blogs (blogroll) crear comunidades que abordan e falan dun tema en concreto. Ademáis disto, permite falar e manter unha pequena conversa co autor do artigo ou con outros, lectores a través do sistema de comentarios que cada artigo ten.

Ao ser unha ferramenta virtual, permítenos colgar directamente a bibliografía e os artigos que o autor consultou para elaborar a súa entrada, o que fai que os lectores e lectoras poidan ampliar os coñecementos sobre o tema que desexen dun xeito rápido e sinxelo: un click.

Por outra banda, as webquest son unha actividade de investigación na que a información coa que interactúan os alumnos provén total ou parcialmente dos recursos de internet (Dodge, 1995). Tamén podemos definila como un tipo e unidade didáctica na que os recursos cos que contan os alumnos proveñen de internet; e pídeselles que leven a cabo unha serie de actividades de análise e síntese de información, e cheguen ás súas propias conclusións [...] (Yoder, 1999)

A súa extructura é:

1. Introducción: exponse a información básica sobre a actividade e desenvolver e intentase crear interés sobre a actividade.
2. Tarea: describir dun xeito claro cal será o resultado final da actividade de aprendizaxe.
3. Proceso:neste apartado debemos axudar aos alumnos a saber o que teñen que facer en que orde. Debe ser o máis detallado posible para axudar á súa comprensión.
4. Evaluación: describiremos como vai ser evaluado o alumno.
5. Conclusión: neste apartado animaremos aos alumnos a ampliar os seus coñecementos e faremos un pequeno resumo sobre o aprendido.
6. Créditos y Referencias: bibliografía e webgrafía. Recursos utilizados.

Despois de expor unha breve explicación e definición de cada un dos recursos que analizamos no pasado neste blogue, a gran diferenza é que o blogue móstrase como un vehículo de comunicación e contacto entre persoas que posúen un mesmo interese, ven didáctico ou non, no que os usuarios e o escritor ou responsable do blogue poden intercambiar impresións e documentación. Esto non ocorre na webquest, xa que é como unha actividade ou unidade didáctica levada a internet, utilizando medios propios da rede.

Espero que con este artigo vos aclarara algo máis este tipo de recursos educativos.

Webgrafía:

http://www.webquest.es/ [8-06-2010]
http://www.weblogssl.com/ [8-06-2010]

3 comentarios:

  1. Pois si, xa que non tiña nin idea do que era unha Webquest...

    O que si...síntome un pouco mal xa que o meu blogue non xira en torno a un tema concreto nin está definido... -_-'

    ResponderEliminar
  2. como? creo ke te equivocas. o teu blogue xira entorno a todo o que che pasa pola cabeza ou por outro sitio, polo que podemos falar dun tipo de blogo "existencialista" ou algo así, e creo que hai miles de blogues coma o que ti fas, pero non igual! :P anda... que o mestre lee esto, e vaime suspender pola túa culpa! xD bicos

    ResponderEliminar
  3. listo que es un listo. A ver se non che da a vaguncia e segues co blogue, que teño moitas cousas que aprender.

    ResponderEliminar