08 junio 2010

Blogue? Webquest? Que son?


Neste pequeno artigo imos tentar definir o que son os weblogs e as webquest e establecer as diferenzas que podemos atopar entre eles. Imos aló!

Blogs ou weblog, tamén chamados bitácoras, son publicacións online con historias publicadas cunha certa periodicidade, xeralmente alta, que presentan en orde cronolóxico inverso (de máis recente a máis antiga) os artigos publicados. Acostuman ser temáticos (educación, cine, literatura...)e conseguen a través de unhas listas de enlace con outros blogs (blogroll) crear comunidades que abordan e falan dun tema en concreto. Ademáis disto, permite falar e manter unha pequena conversa co autor do artigo ou con outros, lectores a través do sistema de comentarios que cada artigo ten.

Ao ser unha ferramenta virtual, permítenos colgar directamente a bibliografía e os artigos que o autor consultou para elaborar a súa entrada, o que fai que os lectores e lectoras poidan ampliar os coñecementos sobre o tema que desexen dun xeito rápido e sinxelo: un click.

Por outra banda, as webquest son unha actividade de investigación na que a información coa que interactúan os alumnos provén total ou parcialmente dos recursos de internet (Dodge, 1995). Tamén podemos definila como un tipo e unidade didáctica na que os recursos cos que contan os alumnos proveñen de internet; e pídeselles que leven a cabo unha serie de actividades de análise e síntese de información, e cheguen ás súas propias conclusións [...] (Yoder, 1999)

A súa extructura é:

1. Introducción: exponse a información básica sobre a actividade e desenvolver e intentase crear interés sobre a actividade.
2. Tarea: describir dun xeito claro cal será o resultado final da actividade de aprendizaxe.
3. Proceso:neste apartado debemos axudar aos alumnos a saber o que teñen que facer en que orde. Debe ser o máis detallado posible para axudar á súa comprensión.
4. Evaluación: describiremos como vai ser evaluado o alumno.
5. Conclusión: neste apartado animaremos aos alumnos a ampliar os seus coñecementos e faremos un pequeno resumo sobre o aprendido.
6. Créditos y Referencias: bibliografía e webgrafía. Recursos utilizados.

Despois de expor unha breve explicación e definición de cada un dos recursos que analizamos no pasado neste blogue, a gran diferenza é que o blogue móstrase como un vehículo de comunicación e contacto entre persoas que posúen un mesmo interese, ven didáctico ou non, no que os usuarios e o escritor ou responsable do blogue poden intercambiar impresións e documentación. Esto non ocorre na webquest, xa que é como unha actividade ou unidade didáctica levada a internet, utilizando medios propios da rede.

Espero que con este artigo vos aclarara algo máis este tipo de recursos educativos.

Webgrafía:

http://www.webquest.es/ [8-06-2010]
http://www.weblogssl.com/ [8-06-2010]

31 mayo 2010

Análise da WebQuest


Continuaremos coa última parte do traballo, a análise dunha webquest. A escollida para esto a podedes ver aquí. Na páxina inicial podemos atopar un pequeno recadro sobre fondo azul turquesa que contén en varias celdas unha imaxe no lateral dereito (flauta traveseira) e máis o índice no lateral esquerdo. Conforme vaiamos avanzando en cada un dos puntos da webquest, o recadro central irá mundando o seu contido. Cabe destacar o colorista que atopamos a páxina en sí mesma.

A introducción é moi breve e puramente formal e non prepara ao alumno para a tarefa que debe desenvolver, ainda que agardamos que a mestra o explicara correctamente na aula. Indica os obxectivos (coñecer os instrumentos da orquestra sinfónica) e os seus destinatarios (alumnos de 2º ESO).

A tarefa que esta profesora nos pide consiste en buscar sons dos instrumentos da orquestra e gravalos nun cd dun xeito ordenado ademáis de ilustralos con fotos. A tarefa atópase dentro dos contidos que os alumnos do primeiro ciclo da ESO deben coñecer, pero non especifica sobre que coñecementos parte esta actividade, básicamente o obxectivo é buscar información e gardala dun xeito ordenado nun cd.

No epígrafe denominado Proceso atopamos unha breve suxerencia que nos indica que visitemos tres páxinas webs enlazadas directamente na parte inferior. Nesstas páxinas informannos de tódolos instrumentos da orquestra con foto incluida, polo que o alumno posiblemente poderá copialas e gardalas directamente no seu ordenador. Os pasos están claros e o alumno coñece o que debe facer en cada momento, pero ainda así as webs proporcionadas son moi simples e non aportan máis información ca que necesariamente precisan. O proceso consta de tres pasos, un por cada unha das familias de instrumentos.

Os recursos son moi escasos, pois o alumno debe traballar pola súa conta e buscar máis alo das páxinas proporcionadas. Un dos enlaces non funciona e o de corda fretada redireccionate á wikipedia e a outros lugares no que a información poderíase obter directamente dunha enciclopedia ou diccionario. O obxectivo é que as alumnas e alumnos recoñezan os instrumentos auditivamente, e en ningún caso lles aparece unha mostra de como sona cada un deles. Posiblemente, se non tiveron contacto con estes instrumentos, identificarán o son dunha flauta cando toque un fagot ou oboe.

Os criterios de avaliación non se describen, simplemente repite o obxectivo e as tarefas xa relatadas anteriormente. No último apartado, as conclusións, a autora deduce e certifica o éxito da webquest sen máis.

Na miña opinión, esta webquest debería ser revisada e ampliada tanto nos recursos como nos contidos e na avaliación, pois as posiblidades de levar a actividade a bo fin é son moi reducidas.

Blogue nº 2: Educación y Pedablogia para el siglo XXI

A seguinte análise farémola sobre un blogue chileno que dende o primeiro vistazo parece fiable e moi “serio”. Titúlase “Educación y Pedablogia para el siglo XXI”. A súa forma e presentación seméllase moito a unha páxina web persoal, con diversos menús debaixo da cabeceira, mais ao pouco de ollala dámonos conta da súa realidade “blogueira”.

O obxectivo é principalmente a análise educativa e de temas culturais. Leva na rede dende o ano 2004 e conta cunha actividade moi intensa, tanto de publicacións como de comentarios da audiencia. Está orientado a mestres en xeral e á comunidade educativa en particular, ainda que non é un blogue para o alumnado máis cativo pola complexidade dos seus contidos. O seu autor, o profesor Benedicto González relata a súa biografía no segundo apartado do menú que nos aparece na franxa superior horizontal. Nos seguintes, trata de expoñer o seu traballo como escritor e amosa os premios que o seu blogue reciviu durante a súa existencia. Cabe destacar tamén o premio que esta mesma web outorga a outras webs similares dende hai un tempo, co motivo de recoñecer o bo facer doutros mestres do mundo.

A partir de agora centrarémonos no primeiro apartado que reza “Inicio” pois é ahí onde se publican as entradas. O espazo que ocupa a franxa central vertical de cor branca pódese dividir en dúas partes: a parte onde se sitúan os post e o lateral dereito, onde o autor expón tódolos grupos aos que pertence, outros blogues amigos e na parte inferior, despois dun almanaque, aparecen as categorías nas que son almacenadas as entradas; un recadro con etiquetas que permite o acceso á publicacións relacionadas coas mesmas, un espazo para a clasificación temporal das entradas e un blogroll, un apartado para as entradas máis vistas, outro para os últimos comentarios feitos polos seguidores e un contador de visitas.

Como podemos ver, as opcións e os contidos do blogue son moi amplos e ben extructurados. Esto é fundamental, pois a súa calidade e o seu gran número de visitas básase na análise dos diferentes artigos que se publican pola rede relacionados coa educación e a cultura. Posto que os seguidores nun principio trátanse de outros mestres, podemos aclarar que os contidos son adecuados e precisos.

Na parte central, as entradas utilizan un tipo de letra que axuda á sua lectura, resaltan os títulos e máis os vínculos que o autor realiza con páxinas externas. Esto facilita moito a súa lectura e o seu manexo, ainda que, debido ao gran número de post que contén, os menús laterais son cada vez meirandes, de ahi que poidamos tardar un chisco en atopar o que buscamos.

Os últimos posts que se realizaron no blogue datan de marzo de 2010 e están relacionados co terremoto acontecido en Chile, de onde é orixinario o autor, polo que ahí poderíamos atopar a razón pola cal a frecuencia das entradas víuse truncada. A media de publicacións é de 18 entradas mensuais, todas elas relacionadas con ámbito da educación pero tratando varios temas diferentes.

É de destacar que o profesor que dirixe o blog, contesta a case a totalidade dos comentarios que a xente deixa nos artigos publicados, e mesmo cheganse a crear grandes conversas entre a audiencia. Como recursos, utilizanse videos linkados directamente de Youtube e fotos, e moitos hipervinculos con páxinas de revistas electrónicas de sona. Case que tódolos post utilizan algunha imaxe ou video que apoida directamente o que se está a falar nese momento e axuda a ampliar o coñecemento sobre o tema que se está a tratar.

En canto á escritura, tratase dun estilo moi elaborado no que o autor ten presente o público ao que quere chegar, falando sempre dun xeito agradecido e con respecto. Os erros gramaticais son inexistentes excepto nos comentarios que os seguidores deixan.

Este blogue presenta gran información e apoio, neste caso directamente ao profesorado e tamén á comunidade educativa formada por nais e pais, xa que é moi completo e contempla gran número de temas relacionados coa educación.

30 mayo 2010

Blogue nº1: "Aprende con Chema"

Imos comeza-lo traballo de análise con este primeiro blogue, titulado “Aprende con Chema”. En si mesmo, pretende ser un medio de traballo e apoio para os alumnos do IES “Marqués de Santillana”, así como un medio de comunicación entre o mestre e os alumnos. Esto non aparece claramente explicado en ningún dos apartados do blogue, mais podémo-lo deducir ao pouco que lle botemos unha ollada ao blog.

O feito é que se trata, como xa dixemos, dunha ferramenta de apoio para a docencia, e está encamiñada a alumnos de 1º, 2º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria. No seu contido podemos atopar material dirixido a cada un dos cursos e outro denominado “xenérico”, ao cal poden acceder tódolos alumnos para ampliar ou afianzar os coñecementos musicais. Unha vez revisadas a maior parte das entradas, podemos deducir que o autor do blogue, Chema, utiliza as imaxes, o son e os elementos audiovisuais (videos) dun xeito bastante adecuado, pois todo o que publica na páxina principal contén, a parte de texto, enlaces a outras páxinas, videos, fotografías e incluso un tipo de “slide” de fotos que contén imaxes sobre a voz humana, a flauta dulce, etc.

O seu deseño presentase como un dos tipos prediseñados de Blogger. Sobre o fondo de cor verde destacan as entradas, dentro dunha franxa vertical branca. Os títulos de cada unha das entradas son verdes e a letra é perfectamente lexible. Se os alumnos desexan entrar directamente nos contidos que afectan únicamente ao seu curso, poden facelo elixindo o propio no apartado “Etiquetas”, e se polo contrario prefiren botar un pouco máis de tempo e ampliar coñecementos ou simplemente curiosear, poden acceder a tódolos posts que hai na páxina principal. Os menús atópanse no lado esquerdo do blogue, cunha clasificación moi rápida e sinxela: agrupacións de cámara, agrupacións orquestais, a voz humana, cousas, actividade de repaso... Cabe destacar o apartado de “a vosa música” e “traballos 4º ESO” xa que é un recurso auditivo que complementa perfectamente á páxina e fai que os alumnos poidan colaborar e implicarse na mesma.

En canto á frecuencia na que se publican as entradas, Chema publicou unha media de un post por semana dende o seu inicio, sempre dentro das tempadas escolares de setembro a xuño. O seu último post foi o 10 de marzo de 2010. Os comentarios non se atopan en ningún dos post, pese a estar habilitados.

A escritura é correcta, e non presenta maiores erros gramaticais nin de puntuación. A organización e os menús fanse visibles na marxe esquerda do blogue. Esta preséntase dun xeito moi eficacaz: existen unha serie de entradas para tódolos usuarios que constan dunha serie de contidos básicos detallados en catro grupos. Se un alumno desexa saber cales foron os post publicados até o presente, soamente ten que facer click no seu curso e nel aparecerán tódolos artigos que precisa. Esto fai que o alumnado xestione o tempo dun xeito eficiente e atope o que desexa en calquera momento.

En termos xerais, penso que este blogue ten moi boa pinta e creo que como alumno, unha ferramenta así axuda á complementar o traballo do mestre na aula.

Todos Somos Pentatónicos! (ou eso din...)

25 mayo 2010

BenVidos!!

Boas! Comezamos un pequeno paseo a través do mundo da Educación Musical. Para elo nos próximos días faremos varias análises de recursos educativos existentes na internet. A ver que tal sae.

Abur!