31 mayo 2010

Análise da WebQuest


Continuaremos coa última parte do traballo, a análise dunha webquest. A escollida para esto a podedes ver aquí. Na páxina inicial podemos atopar un pequeno recadro sobre fondo azul turquesa que contén en varias celdas unha imaxe no lateral dereito (flauta traveseira) e máis o índice no lateral esquerdo. Conforme vaiamos avanzando en cada un dos puntos da webquest, o recadro central irá mundando o seu contido. Cabe destacar o colorista que atopamos a páxina en sí mesma.

A introducción é moi breve e puramente formal e non prepara ao alumno para a tarefa que debe desenvolver, ainda que agardamos que a mestra o explicara correctamente na aula. Indica os obxectivos (coñecer os instrumentos da orquestra sinfónica) e os seus destinatarios (alumnos de 2º ESO).

A tarefa que esta profesora nos pide consiste en buscar sons dos instrumentos da orquestra e gravalos nun cd dun xeito ordenado ademáis de ilustralos con fotos. A tarefa atópase dentro dos contidos que os alumnos do primeiro ciclo da ESO deben coñecer, pero non especifica sobre que coñecementos parte esta actividade, básicamente o obxectivo é buscar información e gardala dun xeito ordenado nun cd.

No epígrafe denominado Proceso atopamos unha breve suxerencia que nos indica que visitemos tres páxinas webs enlazadas directamente na parte inferior. Nesstas páxinas informannos de tódolos instrumentos da orquestra con foto incluida, polo que o alumno posiblemente poderá copialas e gardalas directamente no seu ordenador. Os pasos están claros e o alumno coñece o que debe facer en cada momento, pero ainda así as webs proporcionadas son moi simples e non aportan máis información ca que necesariamente precisan. O proceso consta de tres pasos, un por cada unha das familias de instrumentos.

Os recursos son moi escasos, pois o alumno debe traballar pola súa conta e buscar máis alo das páxinas proporcionadas. Un dos enlaces non funciona e o de corda fretada redireccionate á wikipedia e a outros lugares no que a información poderíase obter directamente dunha enciclopedia ou diccionario. O obxectivo é que as alumnas e alumnos recoñezan os instrumentos auditivamente, e en ningún caso lles aparece unha mostra de como sona cada un deles. Posiblemente, se non tiveron contacto con estes instrumentos, identificarán o son dunha flauta cando toque un fagot ou oboe.

Os criterios de avaliación non se describen, simplemente repite o obxectivo e as tarefas xa relatadas anteriormente. No último apartado, as conclusións, a autora deduce e certifica o éxito da webquest sen máis.

Na miña opinión, esta webquest debería ser revisada e ampliada tanto nos recursos como nos contidos e na avaliación, pois as posiblidades de levar a actividade a bo fin é son moi reducidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario