30 mayo 2010

Blogue nº1: "Aprende con Chema"

Imos comeza-lo traballo de análise con este primeiro blogue, titulado “Aprende con Chema”. En si mesmo, pretende ser un medio de traballo e apoio para os alumnos do IES “Marqués de Santillana”, así como un medio de comunicación entre o mestre e os alumnos. Esto non aparece claramente explicado en ningún dos apartados do blogue, mais podémo-lo deducir ao pouco que lle botemos unha ollada ao blog.

O feito é que se trata, como xa dixemos, dunha ferramenta de apoio para a docencia, e está encamiñada a alumnos de 1º, 2º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria. No seu contido podemos atopar material dirixido a cada un dos cursos e outro denominado “xenérico”, ao cal poden acceder tódolos alumnos para ampliar ou afianzar os coñecementos musicais. Unha vez revisadas a maior parte das entradas, podemos deducir que o autor do blogue, Chema, utiliza as imaxes, o son e os elementos audiovisuais (videos) dun xeito bastante adecuado, pois todo o que publica na páxina principal contén, a parte de texto, enlaces a outras páxinas, videos, fotografías e incluso un tipo de “slide” de fotos que contén imaxes sobre a voz humana, a flauta dulce, etc.

O seu deseño presentase como un dos tipos prediseñados de Blogger. Sobre o fondo de cor verde destacan as entradas, dentro dunha franxa vertical branca. Os títulos de cada unha das entradas son verdes e a letra é perfectamente lexible. Se os alumnos desexan entrar directamente nos contidos que afectan únicamente ao seu curso, poden facelo elixindo o propio no apartado “Etiquetas”, e se polo contrario prefiren botar un pouco máis de tempo e ampliar coñecementos ou simplemente curiosear, poden acceder a tódolos posts que hai na páxina principal. Os menús atópanse no lado esquerdo do blogue, cunha clasificación moi rápida e sinxela: agrupacións de cámara, agrupacións orquestais, a voz humana, cousas, actividade de repaso... Cabe destacar o apartado de “a vosa música” e “traballos 4º ESO” xa que é un recurso auditivo que complementa perfectamente á páxina e fai que os alumnos poidan colaborar e implicarse na mesma.

En canto á frecuencia na que se publican as entradas, Chema publicou unha media de un post por semana dende o seu inicio, sempre dentro das tempadas escolares de setembro a xuño. O seu último post foi o 10 de marzo de 2010. Os comentarios non se atopan en ningún dos post, pese a estar habilitados.

A escritura é correcta, e non presenta maiores erros gramaticais nin de puntuación. A organización e os menús fanse visibles na marxe esquerda do blogue. Esta preséntase dun xeito moi eficacaz: existen unha serie de entradas para tódolos usuarios que constan dunha serie de contidos básicos detallados en catro grupos. Se un alumno desexa saber cales foron os post publicados até o presente, soamente ten que facer click no seu curso e nel aparecerán tódolos artigos que precisa. Esto fai que o alumnado xestione o tempo dun xeito eficiente e atope o que desexa en calquera momento.

En termos xerais, penso que este blogue ten moi boa pinta e creo que como alumno, unha ferramenta así axuda á complementar o traballo do mestre na aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario