31 mayo 2010

Blogue nº 2: Educación y Pedablogia para el siglo XXI

A seguinte análise farémola sobre un blogue chileno que dende o primeiro vistazo parece fiable e moi “serio”. Titúlase “Educación y Pedablogia para el siglo XXI”. A súa forma e presentación seméllase moito a unha páxina web persoal, con diversos menús debaixo da cabeceira, mais ao pouco de ollala dámonos conta da súa realidade “blogueira”.

O obxectivo é principalmente a análise educativa e de temas culturais. Leva na rede dende o ano 2004 e conta cunha actividade moi intensa, tanto de publicacións como de comentarios da audiencia. Está orientado a mestres en xeral e á comunidade educativa en particular, ainda que non é un blogue para o alumnado máis cativo pola complexidade dos seus contidos. O seu autor, o profesor Benedicto González relata a súa biografía no segundo apartado do menú que nos aparece na franxa superior horizontal. Nos seguintes, trata de expoñer o seu traballo como escritor e amosa os premios que o seu blogue reciviu durante a súa existencia. Cabe destacar tamén o premio que esta mesma web outorga a outras webs similares dende hai un tempo, co motivo de recoñecer o bo facer doutros mestres do mundo.

A partir de agora centrarémonos no primeiro apartado que reza “Inicio” pois é ahí onde se publican as entradas. O espazo que ocupa a franxa central vertical de cor branca pódese dividir en dúas partes: a parte onde se sitúan os post e o lateral dereito, onde o autor expón tódolos grupos aos que pertence, outros blogues amigos e na parte inferior, despois dun almanaque, aparecen as categorías nas que son almacenadas as entradas; un recadro con etiquetas que permite o acceso á publicacións relacionadas coas mesmas, un espazo para a clasificación temporal das entradas e un blogroll, un apartado para as entradas máis vistas, outro para os últimos comentarios feitos polos seguidores e un contador de visitas.

Como podemos ver, as opcións e os contidos do blogue son moi amplos e ben extructurados. Esto é fundamental, pois a súa calidade e o seu gran número de visitas básase na análise dos diferentes artigos que se publican pola rede relacionados coa educación e a cultura. Posto que os seguidores nun principio trátanse de outros mestres, podemos aclarar que os contidos son adecuados e precisos.

Na parte central, as entradas utilizan un tipo de letra que axuda á sua lectura, resaltan os títulos e máis os vínculos que o autor realiza con páxinas externas. Esto facilita moito a súa lectura e o seu manexo, ainda que, debido ao gran número de post que contén, os menús laterais son cada vez meirandes, de ahi que poidamos tardar un chisco en atopar o que buscamos.

Os últimos posts que se realizaron no blogue datan de marzo de 2010 e están relacionados co terremoto acontecido en Chile, de onde é orixinario o autor, polo que ahí poderíamos atopar a razón pola cal a frecuencia das entradas víuse truncada. A media de publicacións é de 18 entradas mensuais, todas elas relacionadas con ámbito da educación pero tratando varios temas diferentes.

É de destacar que o profesor que dirixe o blog, contesta a case a totalidade dos comentarios que a xente deixa nos artigos publicados, e mesmo cheganse a crear grandes conversas entre a audiencia. Como recursos, utilizanse videos linkados directamente de Youtube e fotos, e moitos hipervinculos con páxinas de revistas electrónicas de sona. Case que tódolos post utilizan algunha imaxe ou video que apoida directamente o que se está a falar nese momento e axuda a ampliar o coñecemento sobre o tema que se está a tratar.

En canto á escritura, tratase dun estilo moi elaborado no que o autor ten presente o público ao que quere chegar, falando sempre dun xeito agradecido e con respecto. Os erros gramaticais son inexistentes excepto nos comentarios que os seguidores deixan.

Este blogue presenta gran información e apoio, neste caso directamente ao profesorado e tamén á comunidade educativa formada por nais e pais, xa que é moi completo e contempla gran número de temas relacionados coa educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario